1981 - 1990 > Bañistas

Bañistas

Bañistas

Acrílico/taboeiro, 70x59, 1981

A aplicación da cor a unhas formas expresivas, baseándose na distorsión e a desfiguración dende o debuxo, provocan a muda dinámica da imaxe a través de liñas sinuosas, nas que se perde a súa presenza en favor da mobilidade das figuras: un efecto que non fai más que acrecentar o sentimento de axitación, constantemente buscado polo autor co fin de crear unhas atmosferas cheas de vitalidade. A vitalidade entendida como elemento de rebeldía do pintor, como o xeito de se enfrontar a unha sociedade e interpretala en tanto que obriga moral.

Antón Castro

Ler máis