Da Catedral ao Salto do Can
Tinta/papel, 16x11
Serie: O Ourense perdurable.
A CATEDRAL, o núcleo milenario, o miolo, o corazón, aí, entre o novo e o vello, entre tellados que se apertan buscando o seu amparo, pero destacando sobre as montañas do horizonte, sobre a paisaxe vital. No medio, a torre do Ciborio, onde se cruzan os brazos da cruz, torre que nos redime da outra torre, aquí piadosamente favorecida, testemuña dunha época chea de historia. O máis fermoso que Ourense eleva sobre os seus tellados.
Vicente Risco
DA CATEDRAL AO SALTO DO CAN.—A mole da torre e o ciborio danlle a Ourense un aspecto inconfundible. Isto no urbano, e na paisaxe, o Salto do Can, antigo souto —iso quere dicir aquí Salto—, que exhibe uns graciosos piñeiros, tal vez como recordo da foresta que debeu haber alí noutros tempos.
Ferro Couselo
Ver a publicación O Ourense perdurable