Dedalus en Compostela.Risco e Joyce parolan en Santiago
Látex con acrílico sobre acetato, 60x40
Vicente Risco na súa obra (Obra V. Risco)
1923: DEDALUS EN COMPOSTELA: Risco e Joyce parolan en Santiago.
“Dixo Stephen Dédalus: mais eu, o único bendito que levo conmigo e o meu sangue celta. Namentras me non tiren o meu sangue celta, me non poderei arredar da cruz; no meu sangue esta a miña cruz, e namentras a miña vontade renega da cruz o meu sangue vai cara a ela e cola dela como a seiva dun arbre decotado da forza da vida en primaveira; porque a nosa raza é tamén un arbre decotado, é tamén un cristo enclavado na cruz a deitar sangue, baixo das águias, a nosa raza e a viva imaxe de Cristo crucificado”.
(DEDALUS EN COMPOSTEIA, SEUDOPARAFRASES, da serie LERIA, publicada no diario GALICIA de Vigo ao longo do ano 1923. Reeditada dentro da colección Trasalba por Galaxia en 1961, Vigo).