Mazarico
Látex con acrílico sobre acetato, 29x23
Serie: Paxaros Galegos I
Como sinala Rodríguez Gracia, “o propósito é captar o paxaro segundo o seu gestalt”. Posto que nunca ollamos os paxaros ríxidos e detallados, sentíndoos como mortos nunha enciclopedia, é inútil reproducilos dese xeito se o que quere o artista é estimular o seu recoñecemento. Moito mellor é suxerilos, debuxalos como os vemos en movemento, no seu voo. É obrigada entón unha liña imprecisa, unha forma algo confusa, un paxaro que foxe para se fixar, en troques dun perfecto paxaro de debuxo científico.
Carol Maier
Ler máis