A sega
Látex con acrílico sobre acetato, 70x50
Serie: Xentes de terra.
Estes debuxos que levo neste xeira pola miña Terra, serán uns cen, ducia enriba, ducia embaixo, son algúns dos que fixen durante os derradeiros anos, percorrendo os rueiros do nos chan: romaxes, festas, feiras, os labores do campo, os peiraos, as rúas e canellas. Fixen con eles exposicións: en Pontevedra, en Marín, en Ourense...Refírense aos homes e algúns, ben poucos, ás paisaxes, quedan para outra ocasión, os pazos, os cruceiros e o mar...Ao xeito dun catálogo ben quixese nomealos un a un, polo seu nome, pero hei contentarme con xeneralizar os temas. Son: xentes do mar, pescas, regateiras, choronas, prantos, orfas, viúvas, noites de traballo, racús, dornas e chalanas, devotas, beatas, ofrecidas, procesións, días de festa e rezo, labregos de terra adentro, traballadores da eixada, obreiros de pico e pa, nenas con ollar de vellas, vellas aconselladoras, homes que falan sós, avoas, nais, rapaces, xitanas e xitaniñas, mozos que marchan, tolos enmeigados, gaiteiros, troulas… Horas, días e anos dun vivir cotián, preto de nós, aínda que algúns, por demais entretidos, non as vexan.
Xosé Conde Corbal.