Os milagres de Amil
Látex con acrílico sobre acetato, 60x40
Serie:Etnografía galega (Obra Valle-Inclán)
Flor de Santidad,V, 4. Os milagres de Amil.
... o gravado baseado na Romaxe de Nosa Señora dos Milagres onde as figuras nunha procesión piadosa, pero evidentemente pobre, levan nos ombreiros a imaxe da virxe e o cadaleito dun pecadento vivo. Arrepíanos a devoción e o “primitivo” destas celebracións...a beleza e a riqueza da Virxe fai resaltar a pobreza da xentiña. O brillo da súa coroa contrasta coa roupa negras da xente, e a serenidade do seu sorriso fai que resalten as frontes con engurras e a tristeira expresividade das persoas derredor. Quen coñeza esta festa sabe que moitas das veces o manto da Virxe sae da Igrexa xa cuberto de billetes prendidos polos fregueses que agardan recompensa a xeito de curacións. Estes contrastes e as dicotomías que suxiren en canto ao pobo galego, ábrense coma circos mentres observamos os gravados e aseguran que as nosas reflexións sexan de cada vez máis históricas e políticas.
Carol Maier
Ler máis