Obra literaria > As ondas de A Lanzada

As ondas de A Lanzada

As ondas de A Lanzada

Látex con acrílico sobre acetato,60x40

Serie: Etnografía galega (Obra Valle-Inclán)

Flor de Santidad, V, 4. As ondas de A Lanzada para o mal de ollos. Un largaraño

...hai un aspecto abertamente documental dos gravados que presentan a vixencia contemporánea, aínda que algo soterrada da cultura galega, sobre todo a comenzos da década de 1970. A súa preocupación ao gravar a pervivencia desta cultura é dála a coñecer. A obra de Valle-Inclán sérvelle de punto de partida: ao mesmo tempo, Conde Corbal fai resaltar o fondo galego do escritor “castelanizado” e comeza a súa propia exploración gráfica do que queda no mundo galego despois duns catro séculos silandeiros...No gravado que se corresponde co baño das nove ondas, as mulleres báñanse pasmadas no rito de se espir e mergullárense nas ondas, mentres un eivado se apoia na súa muleta ao tempo que as mira de esguello. A súa ollada piardeira desvaloriza o ton sacro do rito; suxire implicacións perversas e maliciosas...Grazas a estas reflexións atopámonos, outra vez, no nexo do enlace entre Conde Corbal e Valle-Inclán, pois é mesmamente esta estética de perplexidade, de circos que se abren para suxerir outras obras e outras consideracións, o que nos ofrece o quietismo estético de don Ramón, o equilibrio precario entre o intelecto e o sentimento, identificación e alienación, achegamento e distancia. Non importa que os dous artistas teñan propósitos distintos ao traballar coa realidade galega; a lección que aprende Conde Corbal de Valle é que a arte, aínda a didáctica [ou sexa, para ser autenticamente didáctica] deben ser impacto e ao mesmo tempo causar reflexión.

Carol Maier

Ler máis