Manuel de Meloxo
Guache/papel, 65x50, 1959
Magnífico retratista de persoas achegadas a él, recoñecidas pola comunidade, tamén o é de figuras anónimas para o espectador, xentes descoñecidas que no cadro logran ter a mesma dignidade vital cás que logramos recoñecer. De novo, o artista subliña o valor da pintura como elemento social no ámbito da cultura popular ou de masas, e os protagonistas retratados responden sempre ás mesmas tipoloxías: xente do mar, labregos, mozos e mozas…, exemplifican un amplo expectro social que asume o protagonismo en diferentes escenarios e contextos dunha etnografía real ou fabulada, a través da cal Conde Corbal logra penetrar nos sentimentos, desexos e esperanzas dos personaxes, espir a alma e crear unha certeira radiografía da realidade marítimo-rural galega.
Antón Castro
Ler máis