Max Estrella, Escena I
Acrílico/papel, 65x50, 1966
Obra Valle Inclán, Luces de Bohemia
Máis que ilustracións para a obra valleinclanesca, son comentarios que fan resaltar de xeito atinado as normas estéticas de don Ramón, "traducindo" ou devolvendo os principios verbais do esperpento á súa orixe visual e demostrando que tanto a primeira obra temperá de Valle-Inclán, como a obra plenamente esperpéntica obedecen a unha mesma intención de arraigamento gráfico. Vén sendo como se de xeito alusivo, case parabólico, Conde Corbal visualizara a parábola verbal que Valle-Inclán nos deixou na Lámpara maravillosa e dos seus personaxes autobiográficos (especialmente Max Estrella e don Estrafalario).
Carol Maier
Ler máis