A historia da muller que virou en lobo
Látex con acrílico sobre acetato, 60x40
Serie: Vicente Risco na súa obra (Obra V. Risco)
1945: A historia da muller que virou en lobo.
“Unha noite, polo souto, atopábase un mozo ao coidado dun sequeiro de castañas, sentado xunto ao gran lume, coa porta pechada, cando, por unha fenda da porta, viu asomar a pata dun lobo, dun tamaño moi superior ao ordinario. Aquela pata forcexaba e a porta tendía a ceder; o mozo, desarmado, non encontrou outro recurso que empoleirarse no canizo no que se botan as castañas para secar, por enriba do lume e agocharse alí. Ao fin a porta cedeu e entrou un inmenso lobo como xamais o mozo vira outro. O lobo pechou a porta de novo, achegouse ao lume e desprendeuse da pel. Quedou unha fermosa moza, en camisa, que era pasmo de ver”.
“O LOBISHOME”, artigo publicado na Revista de Dialectología y Traducciones Populares. Madrid. 1945).