A praciña da Madalena
Tinta/papel, 16x11
Serie: O Ourense perdurable.
QUIZÁIS SEXA o mellor recuncho de Ourense. Polo menos, é un recuncho que quedou ben. Sen dúbida, porque xa o estaba, e así quedou mellor. Alí hai paz, alí non entran coches, alí hai esa paz verdadeira, que non ten que ver coa guerra, nin para ben, nin para mal, a paz que vai unida ao verdadeiramente fermoso... tanta paz, que alí encontrou asilo o Cruceiro, o “Cruceiro” de Ourense, cando lle quitaron a súa Alameda... A paz está agora aquí, na súa presenza.
Vicente Risco
A PRACIÑA DA MADALENA.—Non sei se é o mellor recuncho de Ourense. Tal vez haxa opinións. O Sr. Risco alá que se apañe. Para min, sen dúbida, o máis evocador e solitario, o que é moito e aínda moitísimo. Xa non se oe a algarada dos estudantes de Gramática, que demandaban o San Xerónimo e acusaban a Virxilio de pagán, nin os rezos ante os enterramentos do cemiterio, nin tampouco os gritos das vendedoras pregoando as súas verduras. O Cristo impón paz e silencio.
Ferro Couselo
Ver a publicación O Ourense perdurable