1991 - 1999 > Chegada ao porto

Chegada ao porto

Chegada ao porto

Acrílico/taboeiro, 120x80, 1994

DORNA
Cando te vexo flotar
sobre esas augas inquietas
pareces un paxariño que esta disposto a voar
en canto emprendes o voo
que pronto, non te diviso perdida na inmensidade
voltarás?, penso que si
man segura te leva
man que sabe traballar e de sinsabores chea
man que empuña o timón
e que goberna a túa vela
sodes os dous compañeiros un sin outro non navega
e así vaste adentrando
na xornada que comenza
que longas se fan as horas, que soledade te arrodea
enriba de ti o sol
baixo os teus pés a mar negra
¡ai que duro é ser mariñeiro, dunha dorniña de vela
os teus pensamentos voan
adonde voar quiseran
na procura dunha vida máis segura e duradeira
non soñes mais mariñeiro
a cesta non está chea
a tarde vai caer e a túa muller espera
así, pasarán os días e os anos longos de espera
¡ai que duro é ser mariñeiro, dunha dorniña de vela
amarra a túa dorna ao porto
como outro día calquera
e flotando nas súas augas
volverás a ser paxaro
no teu niño de auga inquieta
¡ai que duro é ser mariñeiro dunha dorniña de vela.

MARGARITA ESCUREDO

Meloxo, Agosto de 1980