Desnudos na praia
Acrílico/taboeiro, 79x60, 1981
O espido denota na súa obra unha clara tendencia erotizante que, en moitos casos, redimensiona a pintura cara a outras vertentes, pero sen arredarse do espíritu de enfrontamento. Conde Corbal, ante todo dignifica a figura humana, e o espido aparece como se a súa propia forza servise para encher o lenzo: de aí xorde unha monumentalidade moi pouco común na nosa historia da pintura.
Antón Castro
Ler máis