Xentes de mar > Muller tirando do remolque

Muller tirando do remolque

Muller tirando do remolque

Látex con acrílico sobre acetato, 29x23

Serie: A dorna e os que viven de ela.

O illamento destaca especialmente nos gravados das mulleres e dos seus fillos. A muller, vestida de negro, de loito como tantas outras mulleres nas vilas mariñeiras, vese absolutamente soa. Ollámola desde atrás e é calquera muller, pois non ten cara nin faccións personalizada. Seguida polos seus fillos afástase de nós, e quizais tamén deles. A súa soidade non a suaviza ningunha paisaxe, nin a compaña doutra muller; está soa co seu traballo e as súas preocupacións, e no gravado o espazo baleiro visualiza o seu illamento.

Carol Maier.

Ler máis