Praza Maior
Tinta/papel, 16x11
Serie: O Ourense perdurable.
A PRAZA MAIOR non se perdeu aínda. Desde as marionetas ata a xura das Constitucións, do Entroido á Semana Santa, foi o corazón da vida ourensá. Hoxe aínda nos ofrece uns soportais para pasear en paz e en silencio, que acaso sexa o mellor que se nos pode ofrecer en Ourense.
Vicente Risco
PRAZA MAIOR —Chamouse Praza do Campo ou simplemente Campo, Praza maior, Praza da Constitución e Praza Real. Nela, a finais do século XV e comezos do XVI, levantáronse as casas do Concello ou Consistorio. Aquí tiñan lugar as danzas e comedias das festas do Corpus, as xustas e os xogos da sortella e ata as corridas de touros. Hoxe dominan, como antano, as tendas de panos e manteñen os seus andeis os libreiros, aínda que non se ve xa o deambular a pede lento dos señoritos de bastón e chistera polo “espolón” e os soportais.
Ferro Couselo
Ver publicación O Ourense perdurable