Publicacións e prólogos

O OURENSE PERDURABLE       

Apuntamentos: Vicente Risco

ESTES APUNTAMENTOS, case todos do vello Ourense, realizados por José Conde Corbal, tan reais e tan evocadores, publicáronse, coas notas que eu lles puxen, coa brevidade que estimo como o meu único mérito, no xornal ourensán “La Región”, nas súas follas dos domingos, durante o ano 1960.

O título de “El Orense perdurable” débese ao noso compañeiro Ángel Huete, rectificando o de “O Ourense perdido” co que anteriormente encabezaba eu os meus recordos e anécdotas da nosa cidade no mesmo xornal.

O feito de que estas fosen lidas con gusto polos “fillos do pobo”, a alta estimación de que gozaban as evocacións de Ramón Otero Pedrayo e as notas históricas de Jesús Ferro Couselo, e o éxito da exposición de acuarelas de Corbal sobre os mesmos temas que tivo lugar no patio románico do Museo Arqueolóxico, moveron ao pintor para recoller aqueles debuxos nun álbum, cos “pés” de miña autoría con que se publicaron en “La Región” e coas ilustracións históricas de Ferro Couselo referentes ao contido de cada unha das láminas.

Ninguén como Ramón Otero Pedrayo, tan profundo esculcador da alma de Ourense, para prologar este libro que dedicamos, con tanto agarimo, á nosa cidade.

E esta é a historia, a exposición e a xustificación da nosa obra, que modestamente ofrecemos aos bos ourensáns e aos forasteiros agradecidos.

 

VICENTE RISCO