1981 - 1990 > Ao rastro

Ao rastro

Ao rastro

Acrílico/taboeiro, 120x80, 1984

...as súas obras pintadas, iluminadas coa calideza dos brillantes acrílicos, coa rechamante presenza do vermello ou do amarelo, coa apropiación agresiva da core butano ou coa harmoniosa razón que implica a utilización das variables do azul. Distorsións que claman, gritos e axitacións, movemento total das figuras ou da cor xestual e das liñas do horizonte presiden, de cote, as súas composicións e os espacios ferventes, producto dunha actitude vital que logrou transformar a herdanza expresionista dos vellos ascendentes, desde os canteiros populares aos que tallaron os tímpanos románicos ou os retablos barrocos. En calquera caso, Conde Corbal propón un retrato testimonial dunha Galicia feita documento desde unha liberdade plástica sen límites.

Antón Castro

Ler máis