Cronobiografía

Xosé Conde Corbal, 1971

1923

Nace en Pontevedra, en abril, na rúa dedicada ao seu abó Benito Corbal. Fillo de José Conde Pérez e Trinidad Corbal Souto.

1928

Estuda no colexio privado de dona Estrellita, na rúa Michelena.

1929

Estuda no colexio Balmes, na Praza de Méndez Núñez.
Pasa os veráns no Pazo de Ramirás, Untes, preto de Ourense, de onde procedía o seu pai.

1930

Iníciase no debuxo co seu tío Sixto Vizcaíno.

1932

Frecuenta o estudio de Bibiano Fernández-Osorio e Tafall, onde aprende a técnica do debuxo científico.

1934

Estuda no Instituto de Pontevedra.

1940

Inicia os estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Faise mozo de  Margarita Escuredo Lago.
Forma grupo artístico cos seus amigos Rafael Alonso, pintor e Juan Manuel Casturera, fotógrafo.

1941

Inicia os estudos de Química en Santiago.

1942

Abandona a Universidade. Aproba os cursos de Maxisterio.

1945

Trasládase a Benavente, onde dirixe unha fábrica de cerámica, en sociedade co seu cuñado Javier Vázquez.

1947

Casa con Margarita Escuredo Lago, filla do empresario da Fábrica de Cerámica Artística Celta, en Pontecesures, e da Conserveira Yago no Grove, Eugenio Escuredo Lastra.
Pasa os veráns no Grove, na casa dos seus sogros.

Na súa voda con Margarita Escuredo
Foto: Juan Manuel Casturera

1948

Nace a súa primeira filla, Margarita.

1949

Nace o seu fillo José Manuel.

1950

Inicia as colaboracións en prensa, co xornal El Imperio de Zamora. Redacta textos de corte historicista.
Nace o seu fillo Enrique, en Benavente.

1951

Regresa a Galicia. Traballa na fábrica La Cross, de abonos químicos en Pontevedra. Continúa colaborando con El Imperio. Debuxa obras de ambiente mariñeiro coa técnica de guache.

1952

Colaboracións con El Imperio. Debuxa paisaxes, durante as vacacións de  verán.

1954

Dirixe unha mina de wolframio en Lobios. Reside en Ourense onde é responsable administrativo da mina de wolframio.
Inicia as colaboracións con La Región de Ourense. Serán debuxos, non volve redactar textos, non sendo ocasionalmente. Trasládase coa familia a vivir a Ourense.

1955

Nace a súa filla Dolores.

1956

Traballa no obradoiro de cristales La Belga, facendo vidreiras artísticas.
Nace o seu fillo Eugenio.

1957

Prepara en Meloxo, O Grove, a que será a súa primeira exposición.

1958

Expón no Liceo Recreo Ourensán. Guaches de temática mariñeira e algunha paisaxe.
En marzo expón na Sala Velázquez de Vigo; en agosto, no Salón de Actos do Concello de Pontevedra e en setembro na Oficina de Turismo de Santiago. Os temas son mariñas, paisaxes, flores e bodegóns; a técnica é o guache.
Nace o seu fillo Agustín.
Falece o seu fillo Eugenio.

Nunha das súas primeiras exposicións
Foto: Antonio Gabriel

1959

Frecuenta a compañía dun grupo de novos artistas, chamados por Risco “Os artistiñas” no que están Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xaime Quessada, Virxilio…

1960

Exposición en febreiro, no Liceo Recreo Ourensán: paisaxes, retratos e mariñas. En marzo expón na Sala de Arte Xuvenil, en Ourense; divide a mostra en cinco temas: o mar, os pobos, a terra, o home e a vaca. En xullo expón na Sala de Arte La Troya, de Ourense, gouaches con mariñas e paisaxes. Inicia a serie de colaboracións en La Región, co título “Ourense perdurable” os debuxos levan textos de Vicente Risco. Fai ilustracións para La Hoja del Lunes en Ourense chamada “Vilas e Cidades de Galicia” con textos de Vicente Risco, Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo, Otero Pedrayo. Realiza carteis, cubertas de revistas e murais por encargo comercial, como o de comercio Mileva, hoxe desaparecido.
Nace o seu fillo Gonzalo.

1961

Vicente Risco en conferencia, entre o público Conde Corbal.

Foto: Reza

Expón acuarelas da serie “Ourense perdurable” no Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O que antes era debuxo en negro, son agora acuarelas coloridas: rúas, prazas, vivendas, igrexas. Colabora coa revista Cuadernos de Galicia. Edítase o libro El Orense perdurable, con 42 debuxos de Conde Corbal, comentados por Risco, prólogo de Otero Pedrayo e apuntamentos de Ferro Couselo. Realiza o cartel das Festas de Ourense.
Nace a súa filla María Eugenia.

Rodaxe dunha pelicula de José Val del Omar con Xaquín Lorenzo, Virxilio, Arturo Baltar e Conde Corbal.
Foto: Anric Massó

1962

Expón en xaneiro, na Sala da Sociedad de amigos del Arte, da Biblioteca Nacional de Madrid, nunha colectiva de artistas ourensans, xunto con Quessada, de Dios, Virxilio, Arturo Baltar, Acisclo Manzano… En setembro expón no Instituto de Pontevedra debuxos, guaches e acuarelas, relacionadas coa cidade, e no Pazo da Deputación obras que completan a mesma temática. En decembro expón óleos, guaches e debuxos na Sala da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Edita o mapa Ourense Provincia Monumental.
Nace o seu fillo Ángel.

1963

​Xaime Quessada funda o grupo do Volter, nome suxerido por Risco en lembranza do Café Voltaire de Zurich, onde se reunían os dadaístas. Xúntanse na Taberna do Tucho, coñecida logo como O Volter, pintan nas súas paredes, e fan tertulia con membros da xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo. Morre Vicente Risco.
Publica en Faro de Vigo debuxos, con textos de Gerardo González Martín, as series “Viaxes por Galicia” e “A ruta do Miño”. Comeza a colaborar co Diario de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra mercará arredor de 60 debuxos, e proxecta a edición da obra Pontevedra perdurable. Realiza os murais Pontevedra, para a Deputación, e o Beato Sebastián Aparicio, para o Convento dos Franciscanos en Ourense.

Levando con Xaquín Lorenzo o cadaleito de Vicente Risco

1964

Publica Del Orense Monumental, con textos de Ferro Couselo; e o mapa  Ourense Pórtico de Galicia. No Diario de Pontevedra publica a serie “A fe nas pedras” arredor das crenzas populares nos milagres, con textos de Ferro Couselo, Luis Cochón, Alfredo García Alén e Puga de Alongos un dos seus heterónimos. No Faro de Vigo publica “Los caminos de Santiago” serie con textos de Celso Emilio Ferreiro.
Nace a sua filla María del Carmen.

1965

Expón en Pontevedra guaches, debuxos e acuarelas; con temática mariñeira, etnográfica e paisaxística. Continúa no Diario de Pontevedra coa seriededicada ao Ano Santo. Tamén lle dedica colaboracións á Festa do Marisco do Grove. Publica “Os santos galegos”, en Faro de Vigo.
Publica Pontevedra en 50 dibujos, con prólogo de Filgueira Valverde e apuntamentos de Alfredo García Alén, e o folleto Santiago llegó por mar. Edita o mapa da Baixa Limia. Fai un mural para o Café Carabela de Pontevedra.
Comeza a colaborar coa revista Vieiros.

1966

Expón na Caixa de Aforros Municipal de Vigo as acuarelas que xunta co título “Xentes do mar”. Leva a exposición á Estrada e ao Ateneo de Pontevedra. Publica no Diario de Pontevedra as series “Museo de Etnografía e Historia de Porto”, “Y el Miño nos une a Portugal” e “Flores, gastronomía y folklore en Porto”. Edita Cruceros, petos y santos; Pontevedra: la tierra y sus gentes; e   Centenario de Valle Inclán. Ponente no Congreso Internacional de Etnografía da Póvoa de Varzim, onde presenta a serie “Etnografía na obra de Valle Inclán”. Colabora na montaxe da obra Luces de Bohemia, en Ourense.
Nace a sua filla Ana María.

Montando unha exposición na Estrada con Xosé Matalobos.
Foto: Antonio Gabriel

1967

Edita a obra Pontevedra: La Tierra y sus gentes. Publica o cartel dedicado a Miguel Hernández.

1968

Expón en Marín, en xaneiro, inclúe acuarelas cos temas habituais: dornas, peixeiras, mariñas… En marzo en Ourense, en maio, en Vigo; en xuño, na Coruña e en Santiago; en xullo, en Lugo na tasca Yuma, son traballos de homes e mulleres entrañables de Galicia. Colabora con La Noche / El Correo Gallego de Santiago, e coa revista Nova Galicia, de México. Realiza con Chamoso Lamas a exposición do Románico galego, en Santiago.

1969

Traslada a súa residencia a Madrid. Exposición de debuxos e guaches na Sala Toisón de Madrid. Fai o mural Bancos desde La Cibeles, para a Banca di Lavoro. Comeza  a colaborar coas revistas Chan, e Nivel. Ilustración para O Divino Sainete de Curros.

1970

Expón en dúas salas de Ourense debuxos e pinturas. Edita o cartel Histrión 70. Continúa colaborando en Chan.

1971

Expón, en maio, en Vigo, debuxos; en agosto, en Monforte, na colectiva Pintura al óleo, acrílicos, ceras, dibujos de Artistas Galegos; en outubro, en Vigo, debuxos e pinturas; en novembro e decembro, con Elvira Blanco, en Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, expón os gravados. Ilustra xunto a Isaac Díaz Pardo, “O cabaliño de buxo” de Xosé Neira Vilas

1972

Expón a Obra gráfica. Valle Inclan, en Ourense, en xuño. En outubro expón no Concello da Estrada, tamén obra relacionada con Valle. Comeza a editar os seus gravados en offset e vendelos nas mostras. Coñece a Carol S. Maier, catedrática americana, especialista en Valle Inclán que lle merca 24 gravados desta serie. Edítase o libro Pazos de Pontevedra. Realiza o mural Atando redes para a Caixa de Aforros de Pontevedra en Vilagarcía de Arousa.

1973

Carol S. Maier expón no Centro educativo Rutgers, de New Jersey, en abril, os gravados que lle mercou. En maio expón os mesmos gravados da obra de Valle Inclán en Ourense, e en setembro volven a EE.UU. para seren expostos no centro Bradley. Edita as series de gravados: “Vigo”, “Xentes do mar de Vigo”, “Desnudos”. Edita o libro A dorna e os que viven de ela. Regresa de Madrid e radícase en Vigo.

Carol Maier nunha conferencia con Antonio Odriozola e Filgueira Valverde entre outros

1974

Expón en Ribadavia, na Mostra de Teatro para a que fai o catálogo e o cartel,  os gravados da obra de Valle Inclán. Expón en Nova York os gravados da obra   de Valle cedidos por Carol S. Maier. En Ourense mostra debuxos de Castelao e realiza o catálogo e cartel da actividade “Sempre na Galiza”. Homenaxe a Castelao” Pinta o mural da capela da Virxe das Mareas, no Grove.

1975

Expón gravados en Ourense, de temática mariñeira e ourensá. Imprime  series de gravados: “Retratos”, “Ribadavia” e “Nenos, mulleres e vellos”. Realiza  o mural A Alba da Gloria de Castelao. Regresa a vivir, coa familia, en Ourense.

Nunha exposición de gravados

1976

Expón en Ourense, en marzo, acrílicos sobre táboa de aglomerado, con temática mariñeira; en decembro, a serie de paxaros, que antes publicou en La Región. Retrato de Otero Pedrayo. Cartel Nós. Edita os gravados das series Na procura de fauna galega e Nós. Ilustra o libro Oración fúnebre [por Otero Pedrayo] do padre Isorna.

1977

Expón algúns retratos de escritores ourensáns, acrílicos, en Ourense. Colabora na campaña cidadá do Grupo Adepende, para salvar o Teatro Príncipal. Edita as series de gravados Ourense perdurable, e A dorna e os que viven de ela. Activista realizador de carteis para causas diversas: “Canteiros de Cerdedo”,  “Romaría de San Xurxo de Sacos”, “Basilio Álvarez”, “Tomás Camacho”…

1978

Expón en Ourense a serie A dorna e os que viven de ela. Segue publicando enLa Región as series Fauna Galega e Paxaros. Deseña os carteis das Festas dos Remedios do Castro Caldelas, co Irrio Peliqueiro como motivo, e o da exposición O Monte en Galicia. Imprime as series Fauna Galega: especies de río; e Mamíferos. Edítase o libro Escolma de cantigas, con ilustracións súas.  Carol S. Maier publica o seu artigo “Seis gravados de Xosé Conde Corbal. Notas para unha exposición valleinclanesca” na revista American Hispanist. Pinta un mural no IES Vilalonga, en Sanxenxo.

1979

Expón no Instituto da Xunqueira en Pontevedra os retratos do grupo Nós.

1980

Prepara a edición de O fardel da guerra. Edita o mapa Galicia e Minho deica  o Douro. A revista Grial publica o artigo de Carol S. Maier “Xosé Conde Corbal e a estética do gravado. Unha reforma do ollo por medio da deformación da liña”. Reside en Pontevedra.

1981

Expón no Instituto da Xunqueira, en Pontevedra, series de temática mariñeira, e fauna do mar. Participa na Colectiva de Pintores de Pontevedra Capital, en Pontevedra. Expón co seu fillo Enrique en Pontevedra: “Conde  Corbal. Enrique Conde”. Exposición itinerante sobre Galicia mariñeira. Ilustra artigos sobre Torrente Ballester para La Voz de Galicia. Reedición do Ourense perdurable.

1982

Exposición Vicente Risco e o seu tempo, no Museo de Pontevedra. Colaboracións esporádicas en La Región e La Voz de Galicia. Cartel  Pontevedra monumental. Series de gravados: Especies mariñas; viaxe a Italia; Camelias.
Edítase o libro Patología de la camelia en Galicia, con ilustracións súas. Radícase no Grove, onde a súa muller, Margarita, dirixe a conserveira familiar.

1983

Expón pintura de temática mariñeira, flora e paisaxe. No Museo de Pontevedra amosa Gravados sobre a Obra de Valle-Inclán. Colabora con La Región e de novo co Faro de Vigo. Realiza o mapa Fauna e Monumentos [da Provincia de Pontevedra].

1984

Expón en Vigo a serie Vicente Risco na súa obra. Edita a serie de gravados sobre Risco, e Peixes e flores de Galicia. Ilustra os libros O Grove. Pontevedra, e Polos vieiros do mar.

1985

Exposición Ourense en Pontevedra, no Museo de Pontevedra, pinturas, gravados e debuxos de temática ourensá. Colabora con La Región, Faro de Vigo, Disque  e a revista Corredoira. Realiza o mural Persoeiros da Ría de Arousa, para a organización feiral Vilagarcía Fexdega; os mapas Fauna das  Rías Baixas e Historia das Rías Baixas, e o carteis, carpeta e programa da II Semana de Filosofía, de Pontevedra. Comeza a vivir en Vilagarcía de Arousa.

1986

Participa na exposición colectiva Valle Inclán y su tiempo hoy, con gravados  da serie de Valle. Expón os gravados de Valle-Inclán no Museo de Pontevedra. Edítase Recopilación de  trabajos sobre la camelia con ilustracións súas.

1987

Expón o Fardel da Guerra, no Museo de Pontevedra e no Museo do Pobo Galego, en Santiago. Edita unha carpeta con 88 grabados do Fardel da Guerra,  numeradas e asinadas polo autor. Edítase  a carpeta As nosas árbores, con dez debuxos seus. Colabora con La Voz de Galicia.
Rexéitanlle a Serie erótica que ía exponer nunha galería de Vigo. Ilustra a cuberta da revista da Asociación cultural A seca, cun motivo alegórico ao maio.

1988

Participa na colectiva Vangardas e Silencios, na Sala do Teatro García Barbón, en Vigo, con dous acrílicos; e na Camelia 88, en Vilagarcia, onde mostra un retrato de Antonio Odriozola. Presenta a Serie erótica no bar CopaT, de Vilagarcia, que editará con este motivo. Edítase o Laude da   Camelia, con ilustracións súas. Colaboracións en La Región, La Voz de Galicia e na revista Atlántico. Ilustra o Catálogo do Premio Antón Lousada Diéguez. Pinta un mural dedicado ao violinista Manuel Quiroga na sede da UNED, en Pontevedra.

1989

Expón os Gravados sobre a obra de Ramón María del Valle Inclán, en Vilanova de Arousa, Mostra Conde Corbal Antolóxica, no Museo Provincial de Ourense. Edítase o Catálogo Conde Corbal, con textos de X. Antón Castro,  Carol S. Maier e María José Tiscar. A mesma Antolóxica repítese no Museo de Pontevedra. Realiza o mural Intelectuais da Ría de Arousa. Colabora coa revista Liceo Marítimo de Vilagarcía.

Na inauguración do mural “Intelectuais da Ría de Arousa”

1990

Mostra Conde Corbal Antolóxica, na Fundación Caixa Galicia, na Coruña; no Museo do Pobo Galego, en Santiago; e no Círculo das Artes, en Lugo. Expón Fauna marina, acuarelas y grabados, en Vilagarcía de Arousa. Colabora con ilustracións na edición do Quixote en galego. O seu mural A Alba da Gloria é cedido á Facultade de Económicas de Santiago. Edítase a revista Do mar, con ilustracións súas.
Falece seu fillo Agustín.

Na inauguración da súa exposición antolóxica, á dereita Alfredo Conde.
Foto: Mani Moretón

1991

Edítase o Catálogo da Colección de Arte da Facultade de Económicas de Santiago. Publica unha serie de ilustracións arredor da camelia: Laude da Camelia e outras cosas.

1992

Expón acrílicos en Fexdega, Vilagarcia de Arousa, co título Círculos. Colaboracións con La Voz de Galicia.

1993

Expón acrílicos e gravados no Museo Provincial de Ourense, co título Memoria dun Pobo. Esta mostra pasará a Fisterra, Vilagarcía e Pontevedra. Expón en Vilagarcia co título Conde Corbal. Pintura 1991-1993. No Castelo de Soutomaior expón a serie Galicia e o Miño. Colabora con La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Edítase o libro Y luego Lugo ¿qué?… con gravados seus.  Realiza o mural Comarca de Arousa.

1994

Participa nas exposicións colectivas Coincidencias, en Vilagarcia e Cambados, con dous acrílicos de dornas e na titulada O gaiteiro nas Artes, en Allariz. Realiza o Mural Persoeiros de Ourense. Edítase o libro Poetas urbanos, cunha ilustración na cuberta.

1995

Participa na exposición colectiva titulada O gaiteiro nas Artes, en Cambados que logo vai a outros lugares: como Narón, Melide, A Pobra, Ribeira…

1996

Traballa en varias series de gravados anteriores, con intención de facer novas edicións.

1997

Realízase en Vilagarcía unha homenaxe a Antonio Odriozola, cun retrato de Conde Corbal na cuberta do catálogo. Debuxa series de camelias

1998

Edítase o libro Vista pictórica. Parque del Castillo de Soutomaior, con ilustracións súas. Traballa na obra realizada da serie de Pobos e cidades de   Galicia, con intención de publicala.

1999

Falece en marzo, na súa vivenda de Vilagarcía de Arousa.